webinar register page

Webinar banner
Ciclo de Conferencias– XXIV Avances en Ciencia e Tecnoloxía
“Avances recentes no coñecemento do cancro:
Bases moleculares e aplicacións á clínica”
Datas:
6, 7 8 e 9 de xullo (O horario específico debe consultarse no Programa de cada xornada).
Lugar: Salón de actos Pazo de San Roque. Santiago de Compostela.

Coordinador:

Dr. Xosé R. Bustelo
• Vicedirector do Centro de Investigación do Cancro de Salamanca
• Membro da Presidencia da Asociación Española de Investigación sobre o Cancro
• Académico Correspondente da Real Academia Galega de Ciencias

Entidade promotora:
Real Academia Galega de Ciencias

Propósito do ciclo:
O ciclo de conferencias quere dar unha panorámica xeral sobre os avances recentes no cancro cun carácter altamente divulgativo. Darase información recente sobre técnicas e mecanismos moleculares que median a orixe, progresión e respostas clínicas do cancro. Asemade, ofrecerase unha visión de como estes avances teñen un traslado importante á práctica clínica no ámbito do diagnóstico, tratamento e o desenvolvemento da medicina personalizada.

Os ponentes son científicos de alto recoñecemento nacional e internacional que están a traballar en Galicia ou en España actualmente. Tamén participarán na táboa redonda representantes dos pacientes.

Ao rexistrarse, concede o seu consentimento para o tratamento dos seus datos para o propósito antes mencionado. Nesta mesma páxina pode ver a nosa Cláusula de Privacidade e a Política de protección de datos e privacidade. Tamén na páxina web: https://www.ragc.gal/gl/politica-de-privacidade/
Webinar is over, you cannot register now. If you have any questions, please contact Webinar host: RAGC.