webinar register page

Webinar banner
NOITE EUROPEA DAS INVESTIGADORAS E INVESTIGADORES
Coloquio- Debate
SORRISOS E BÁGOAS, OU PENSABAS QUE INVESTIGAR ERA DISTINTO?
A realidade humana detrás da ciencia
Venres, 24 de setembro de 2021. 19:00 h
Aula Magna da Facultade de Química da USC
Presentación
-Senén Barro Ameneiro, Catedrático de Ciencias da Computación da USC. Académico da RAGC.
Participantes
Moderador: Jorge Mira Pérez. Catedrático de Electromagnetismo da USC.
- Francisco Rey Vizoso. Doutorando en Ciencias Sociais e do Comportamento da UDC.
- María de la Fuente Freire.Directora da Unidade de Nano-Oncoloxía do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela.
-María José Alonso Fernández.Catedrática de Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica da USC e directora do grupo NANOBIOFAR do CiMUS. Académica da RAGC
- Pedro Merino Gómez. Catedrático Emérito de Ciencia de Materiais e Enxeñaría Metalúrxica da Univ. de Vigo. Académico da RAGC

A actividade científica, unha das marcas esenciais do progreso humano, capta cada vez máis o interese da sociedade. Porén, é menos visible a estrutura humana que hai detrás dela, formada por persoas en situacións moi diversas, que afrontan dificultades específicas ao longo da súa vida. Así, a competitividade e alto nivel de esixencia afectan á saúde mental dunha porcentaxe importante de investigadores mozos; a alta demanda de tempo que require a ciencia causa problemas de conciliación; xente brillante necesita moitos anos para acadar estabilidade laboral e mesmo as persoas consolidadas afrontan limitacións. Para explorar a realidade humana detrás da ciencia, este foro contará con catro investigadores e investigadoras, en diferentes fases da súa vida, que nos darán a súa testemuña.
Ao rexistrarse, concede o seu consentimento para o tratamento dos seus datos para o propósito antes mencionado. Nesta páxina pode ver a nosa Cláusula de Privacidade e a Política de protección de datos e privacidade. Tamén en: https://www.ragc.gal/gl/politica-de-privacidade/

Sep 24, 2021 07:00 PM in Madrid

Webinar is over, you cannot register now. If you have any questions, please contact Webinar host: RAGC.